O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, en colaboración coa Concellaría de Cultura, inaugura a exposición fotográfica itinerante “Redondela e o mar” que nos últimos meses está a percorrer as parroquias de Redondela e que chega ao seu remate no centro da vila, onde de poderá visitar dende hoxe 22 de xaneiro e ata o 24 de febreiro.
Inclúe unha selección de fotografías cedidas pola veciñanza de Cesantes e arredores con temática mariñeira, que mostran as actividades que se desenvolvían no mar e os traballos relacionados co mesmo dende unha perspectiva histórica. É unha mostra que recupera unha parte da memoria colectiva arredor do mar en Redondela tal e como nos explicaba o presidente do obradoiro de Estudos locais, Luis Medal. Esta exposición permanecerá aberta até o 24 de febreiro, e poderase visitar no horario habitual de apertura do Multiusos da Xunqueira.