Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un redondelán de 41 anos logo de agredir a un policía e arremeter contra varios vehículos

RR_Noticias

O home, veciño de Cesantes, foi detido por un presunto delito de atentado contra un axente da autoridade por intentar pegar a un policía e por arremeter contras varios vehículos e os seus ocupantes cando circulaban pola vía pública. O detido, que carece de antecedentes policiais, pasou xa a disposición xudicial.

Axentes da Policía nacional detiveron a un home de 41 anos de veciño Cesantes por un delito de atentado contra a autoridade. Os feitos producíronse de madrugada cando unha dotación policial camuflada que realizaba labores de prevención observou a un varón que camiñaba pola calzada e intentaba arremeter contra os vehículos e ocupantes. Cando intentaron falar con el o home, segundo explica a policía, abalanzouse sobre o capó do vehículo policial e intentou agredir a un dons axentes que logrou esquivar o golpe. A continuación iniciou a fuxida polas rúas colindantes ata que foi alcanzado e inmobilizado por un policía.
Dado o estado de agresividade que amosaba, segundo se indica no parte policial, o axente tentou tranquilizalo aínda que sen resultado xa que o home “comezou a lanzar puñetados, patadas e insultos” polo que se procedeu a súa detención e traslado a dependencias policías.
O detido, que carecía de antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción Número 5 de Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará