Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O orzamento para construír a senda peonil do Maceiras ascende a 290.000 euros

RR_Noticias

Esta actuacion, segundo se recolle no proxecto, busca a recuperación ambiental do entorno do río Maceiras na actualidade moi degradado pola presión urbanística e acumulación de residuos, a creación dun espacio público para uso e goce dos veciños e a creación dun acceso ao núcleo urbano para os veciños da zona de forma que se reduza o tránsito de peóns pola estrada N-555.

Segundo se recolle no propio proxecto, a estrada nacional 555 que comunica o aeroporto de Vigo co núcleo urbano é unha vía con moito tráfico de vehículos ao mesmo tempo que moi transitada por peóns das poboacións polas que atravesa posto que se tratada da única vía de comunicación co núcleo urbano de Redondela. Trátase dunha estrada con numerosas curvas, de calzada estreita e sen beirarrúas polo que resulta moi perigosa para os cidadáns e coa construcción da senda peonil pola marxe do río “preténdese que esta se converta no acceso principal empregado polos camiñantes ao centro da vila”.
As actuacións previstas contemplan a limpeza e retirada de lixo de ambas as marxes do río, a construcción dun sendeiro de 1.800 metros de lonxitude ao longo do cal se construirán diferentes pontes e pasarelas e se colocaran paneis informativos coa descrición dos valores naturais e ecolóxicos da zona tratando de causar un mínimo impacto na zona. A actuación ascendería segundo o proxecto a 290.806 euros.
Críticas
Os usuarios da N-555 aplauden que se faga o paseo fluvial “como unha ruta de lecer e non como unha alternativa para arranxar os problemas de seguridade vial”. Entenden que esta senda peonil non é solución dado que “os viandantes teñen que usar a nacional igualmente para ir ás súas casas”.
Pola súa banda, dende o BNG critican que con esta proposta o goberno de Javier Bas está a “ningunear os acordos plenarios”. Entende o nacionalista Xoán Carlos González que o apoio do goberno local a unha moción presentada polo BNG hai un ano e na que se acordaba solicitar a Fomento o arranxo da N-555 dende Vilar a Vilavella “foi so para amosar a súa cara máis amable malia que no PP nunca tiveran intención de mover un papel para solucionar unha situación que se viu agravada coas obras do AVE”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará