Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trasmañó celebra a V Festa do Cocido

RR_Noticias

A comisión de festas organiza na honra do seu patrón San Vicente, un completo programa de festas que se vai desenvolver dende hoxe venres e ata o vindeiro domingo con actividades para todos os públicos e a celebración da V edición da festa do cocido. Logo de anos sen se celebrar, un grupo de mozos e mozas da parroquia decidiron facerse cargo da comisión de festas e retomar a organización desta celebración en Trasmañó.

O programa previsto arranca hoxe venres cunha verbena amenizada pola orquestra Gran Parada e o grupo Tres.com, aínda que o groso das actividades serán na fin de semana, mañá haberá sesión vermú, unha exposición de vehículos clásicos e unha tarde dedicada aos nenos con actividades para os pequenos da casa. A xornada rematará cos música das orquestra Televisión, o Trío Elegancia e a música rock para pechar a xornada. O domingo a festa adquire un carácter gastronómico coa festa do Cocido, quinta edición dun evento que contará co pregón do ex ciclista Marcos Sérrano.  

Juan González presidente Comisión de festas
Fálanos do programa de venres e sábado
Festa do cocido
Esperan incrementar o número de participantes nesta V edición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará