Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela cae ante o Alcobendas e a SAR logra unha importante vitoria en Bueu

RR_Noticias

Xornada desigual para o balonmán local. Mentres o chapela sufría unha dura derrota na súa visita a Madrid, perdendo ante o Alcobendas por 35 goles a 24, a SAR dominaba o partido no campo do Bueu e se facía cos puntos en xogo nun encontro que rematou co resultado de 25-27 a favor dos de Redondela.

Dura derrota a sufrida polo Construcciones Castro Chapela na súa visita ao campo do Alcobendas. Os de Fran Teixeira visitaban ao segundo clasificado que necesitaba da vitoria para non perder de vista ao líder da División de Honra, o Barcelona B.
Malia que nos primeiros minutos do partido a igualdade parecía que sería a tónica predominante, pouco a pouco o Alcobendas foi facéndose co encontro chegando xa ao descanso cunha vantaxe de seis goles (17-11). Na segunda parte non mellorou a situación dos de Chapela que remataron o partido cun contundentes 35-24 en contra. Agora son antepenúltimos e toca pensar no próximo partido que será na casa ante o Bordills, tan só tres postos por riba dos chapeleiros.
Pola súa banda, a SAR acadou unha importante vitoria na súa visita ao campo do Servi-Auto Bueu nun partido que dominaron os redondeláns de principio a fin. Encontro que rematou malia todo cun axustado 25-27. Unha vitoria que sitúa á SAR na oitava praza da categoría. Na vindeira semana xogan na bomboneira, reciben ao Cinco Jotas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará