Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos nun partido espectacular en Santa Mariña entre Choco e Boiro

RR_Noticias

O triplete de Pablo Couñago non foi suficiente para que o Choco se fixera coa vitoria, e o marcador rematou cun resultado de 3-3, logo de que os de Jacobo Montes chegasen a gozar dunha vantaxe de 3-1. O Boiro, actual líder, non baixou os brazos e conseguiu a igualada nun partido aberto no que calquera dos dous equipos se podería ter feito coa vitoria.

Terceira División
Choco 3-3 Boiro
Choco e Boiro asinaron un apaixonante empate nun duelo dos que fan afección. Na primeira metade, adiantouse moi pronto o equipo visitante e cando mellor pintaban as cousas para o Boiro, os pupilos de Jacobo Montes deron a volta ao marcador con dous tantos de Pablo Couñago. O dianteiro local marcaba de novo nada máis iniciarse a segunda metade para facer o triplete. Con todo, repetiuse a historia aínda que cambiaron os protagonistas. Co 3-1 no marcador, o Choco pensou que tiña o partido no peto pero o Boiro non baixou os brazos. Todo o contrario. Gelucho empezou a mover as súas fichas e a entrada no campo de Hugo Soto cambiou o partido. O seu oportunismo para empuxar un rexeite de Cortegoso permitiu ao conxunto visitante reengancharse ao encontro. Máis adiante un centro seu aproveitouno Iván para asinar o empate definitivo. Quedaba aínda moito tempo e ningún dos dous equipos estaba conforme co resultado, e loitaron pola vitoria. Tentárono tanto o Choco como o Boiro, aínda que con máis corazón que cabeza, e o marcador xa non se movería. O empate deixa ó Choco na 7ª praza do grupo, empatados a puntos co 6º, que é o Arousa. A próxima xornada desprázanse ao campo do Somozas, outros dos equipos que loitan por achegarse á cabeza da clasificación, actualmente na 5ª praza.
Segunda Autonómica
Castrelos 1-2 Choco B
O filial do Choco mantén a 6ª praza logo de impoñerse no campo do Castrelos. A próxima xornada recibe en Redondela ao Bouzas B, afundido na metade baixa da táboa.
Beluso 1-1 Soutomaior
O Soutomaior segue na metade baixa da táboa, 13º, logo do empate en terras do Morrazo. A próxima fin de semana disputarán un interesante derbi local, Soutomaior-Arcade, cos dous equipos na parte baixa da clasificación.
Arcade 0-2 Figueirido
O Arcade manténse12º posto malia perder co Figueirido.
Terceira Autonómica
Cesantes 5-2 Presqueiras
Os redondeláns mantéñense no posto 11º, logo de golear ao Presqueiras, afundido no pozo da clasificación. A próxima fin de semana xogan no campo do Monteporreiro, equipo situado un posto baixo dos redondeláns.
Vilar 1-1 Fortuna
O Vilar non puido pasar do empate co pechacancelas, o Fortuna, e mantense na 8ª praza do seu grupo, pero con menos vantaxe sobre os seus perseguidores. O domingo terán un desprazamento complicado xa que xogan no campo do 2º clasificado, o R.Pereiró.
Chapela 3-1 Mosende
O Chapela escala unha posición, ata a 4ª praza do grupo, logo de impoñerse con autoridade ao Mosende. O domingo terá que medirse co líder, en Alcabre.
Atios B 1-2 Nespereira
Os de Pazos mantéñense no 4º posto do seu grupo logo de gañar no campo do Atios B. A próxima xornada reciben ao 5º do grupo, o Caselas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará