Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns dubidan que 2014 sexa o ano da recuperación económica e do emprego

RR_Noticias

Malia as mensaxes de optimismo do goberno, que augura para este ano unha mellora da economía e das taxas de emprego, na rúa a sensación é diferente. Os cidadáns son máis pesimistas, e a maioría dos veciños de Redondela cos que tivemos ocasión de falar están convencidos de que neste 2014 non sairemos do pozo, e que aínda quedan moitos anos para que a recuperación sexa posible.

Os últimos datos da EPA, que falan de máis destrución de emprego, dánlle a razón a veciños como Manuel, que pensan que as cousas “serán peores este ano”, con máis paro e emprego precario. Ramona, que ten un pequeno comercio, tampouco nota melloría e para ela a falta de emprego é o máis preocupante. Outros como Carlos ven un pequeno marxe de recuperación, aínda que moi feble, polo que endente que non será suficiente para que se note neste 2014, e augura aínda varios anos de crise. Entende que a peor parte a levan os parados de larga duración, porque unha vez que rematan a prestación por desemprego e as axudas pasan a unha situación “extrema”. Moitos reclaman un cambio nas políticas do goberno, xa que entenden que ata o de agora “non serviron para crear emprego”. A percepción dos veciños de Redondela non é diferente á da maioría dos cidadáns do conxunto do Estado. O último barómetro do Centro de Investigacións Científicas (CIS) apunta que dous de cada tres parados cren que non atoparán traballo este ano. O CIS incluíu tamén no seu barómetro preguntas sobre a situación económica xeral do país, que un 86,9% dos enquisados cualifica como mala ou moi mala, fronte a apenas o 11,8% que a cualifica de regular e o exiguo 0,9% que a considera boa. Ningún dos preguntados atreveuse a confirmar que a situación económica vaia moi ben.  

Manuel cre que a situación empeorará
Este veciño augura máis paro e emprego precario para este 2014.
Ramona non ve melloría
Esta comerciante non aprecia síntomas de que a situación económica mellorase.
Carlos pensa que a recuperación non é suficiente
Este pequeno empresario aprecia síntomas de recuperación pero non os suficientes para que cambie a tendencia.
Cambio de políticas
Os veciños entenden que é preciso unha modificación nas políticas económicas para crear emprego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará