A Comisión de festas da Teixeira de O Viso celebra este domingo o I Cocido popular co obxectivo de recadar cartos para as súas festas patronais e organizar tamén unha xornada festiva para conmemorar o día da Candelaria con gastronomía e música.
As actividades arrancarán xa de mañá con pasarrúas e gaiteiros. A partir das once da mañá poderase degustar o polbo a feira e ao mediodía comezaranse a despachar as racións de cocido ao módico prezo de 8 euros. Un completo menú no que se inclúe a tradicional sopa ou caldo, a bebida e o pan segundo nos explicaba o presidente da Comisiçon, Mario Otero. A música terá tamén carácter innovador coa actuación de Haku, unha agrupación de reggae cuxos integrantes son na súa totalidade veciños da vila.