Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diferentes sensibilidades en torno á lei do aborto no PP redondelán

RR_Noticias

O pleno municipal debateu e aprobou cos votos a favor dos grupos da oposición dúas mocións presentadas por AER e PSOE na que solicitan a retirada da polémica proposta de modificación da lei do aborto por discriminatoria para as mulleres e por supoñer un grave retroceso de máis de trinta anos. Non contaron co apoio de ningún dos concelleiros do PP, pero mentres sete se amosaron claramente a favor da reforma de Gallardón tres edís populares optaron pola abstención.

En concreto foron os concelleiros Erminda Quelle, Ana Alonso e Julio Alonso os que decidiron absterse á hora de votar as propostas presentadas por AER e PSOE nas que reclamaban a retirada da reforma da lei argumentando entre outras cuestións que a nova normativa promovida polo PP contempla que se suprima o suposto das graves anomalías do feto “obrigando ás mulleres a asumir unha responsabilidade engadida para o resto da súa vida, non só das mulleres senón a súa familia e ao resto da sociedade cando cada vez son menos as axudas aos dependentes. A socialista Digna Rivas facía referencia tamén na defensa da súa moción no retroceso que esta lei vai supoñer para os dereitos sexuais e reprodutivos e de liberdade das mulleres de decidir sobre a súa maternidade e facía unha ardua defensa da actual lei aínda en vigor. Uns argumentos que defendían tamén dende o BNG lembrando que incluso na filas populares hai que se manifesta claramente en contra da reforma por supoñer un retroceso de 40 anos nesa materia. Na bancada popular a posición oficial era defendida pola concelleira de muller, Teresa París, quen baseaba o posicionamento da maior parte do seu grupo no feito de que con esta lei “se defenden os dereitos do gran esquecido ata o de agora, o non nacido”. Argumentos que secundaban a maior parte dos seus compañeiros de partido, xa que sete votaron en contra das mocións presentadas, non así tres edís, que optaban pola abstención.    

Alfonso Blanco AER
Critica unha lei que obriga suprime o suposto das graves anomalías do feto
Digna Rivas PSOE
Os socialistas defenden que se manteña a lei actual por diversos motivos
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas falan dun retroceso de 40 anos
Teresa París PP
Dende o PP entenden que esta lei defende os dereitos do non nacido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará