O sinistro producíase ás 13:45 horas de onte na entrada de Redondela cando un camión colidía contra dous coches que se atopaban parados no semáforo á altura da Capela. O accidente provocou importantes retencións de tráfico na N-550 e deixou un ferido leve que foi trasladado a un centro hospitalario de Vigo. A policía actuou tamén pola tarde noutro sinistro no que non hai que lamentar vítimas pero si danos materiais logo de que un Ford Mondeo se dese á fuga tras colidir cun turismo estacionados en San Xoán de Arcal.
O condutor dun turismo resultou ferido leve nunha colisión por alcance que se producía ás 13:45 horas de onte na entrada a Redondela. Segundo información da Policía Local o accidente producíase cando un camión incrustábase contra un SEAT Ibiza e un Kia Río que se atopaban parados no semáforo que hai á altura da Capela en Santa mariña. A consecuencia do golpe un dos condutores resultada ferido leve sendo trasladado ao hospital Concheiro en Vigo. O accidente provocaba importantes retencións de tráfico ao quedar cortado o carril de entrada a Redondela.
Condutor a fuga
Xa pola tarde producíase outro accidente, neste caso sen ferido, cando ás 20:45 horas un Ford Mondeo saíase da vía en San Xoan de Arcal e colidía contra un turismo estacionado na vía pública. O condutor deuse a fuga pero unha testemuña aportou datos concretos que permitiron a súa localización.