Hoxe é Sábado 30 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela viaxa a Andalucía co obxectivo de ampliar distancias co Palma del Río

RR_Noticias

A falta de trece xornadas para que remate a liga na División de Honra Prata, o Construcións Castro ten por diante o apaixonante reto da permanencia. O equipo redondelán é agora décimo cuarto, posición que os obrigaría a xogar unha promoción de descenso xunto a Torrelavega e Palma del Río. Precisamente o equipo cordobés é o seu próximo rival este sábado.

Malia os altibaixos na clasificación, o balance que fan desde o club de Chapela é positivo, xa que o equipo asumiu o ascenso de categoría con moitas limitacións, tanto no plano deportivo como no económico. Por iso o adestrador, Fran Teixeira, salienta a calidade e entrega dos seus xogadores, xa que moitos deles teñen que compaxinar o adestramento e os desprazamentos cos seus respectivos traballos. Este inicio de ano está a ser duro para o equipo, logo das derrotas co Octavio e Alcobendas, e o empate no último minuto co Bordils. Pero Teixeira está satisfeito, xa que aínda dependen de eles mesmos para manter a categoría e loitarán “ata o último segundo”. De feito o equipo está a competir a un alto nivel, e pelexou ata o final con todos os rivais. De feito, das nove derrotas que acumulan ata o de agora, só tres foron por máis de tres goles (Barcelona, Zarautz e Alcobendas). O próximo reto para o Castro Construcións será a visita ao Palma del Río, que marcha penúltimo cinco puntos por baixo dos chapeleiros. De traer un resultado positivo deixarían case e sentenciado a un dos seus rivais directos. Pero Teixeira advirte que, malia a súa situación na táboa, os andaluces están a reforzarse, e resulta moi complicado gañarlles no Pavillón Municipal El Pandero. Polo de agora Pozoblanco e Torrelavega perfílanse como os rivais máis claros do Chapela. Deles, unicamente un evitaría xogarlla na promoción. A favor dos de Teixeira está o feito de que ambos teñen que visitar Chapela.  

Fran Teixeira adestrador
O técnico amósase satisfeito co rendemento do equipo na Divisón de Honra Prata.
Palma del Río-Chapela
Teixeira non se fía da mala clasificación dos cordobeses e prognostica que será un partido difícil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará