En toda a comarca o número de desempregados incrementouse en 28 persoas. Un inicio de ano que segue sen deixar datos positivos en canto ao mercado de traballo con números que constatan a difícil situación pola que pasan moitos veciños. En Redondela son 2.924 as persoas anotadas nas listas do paro. Iso si, o incremento foi menor que nos meses de xaneiro do ano pasado ou de 2012.
O paro rexistrado aumentou en todos os concellos da comarca e suma xa 4.555 persoas en situación de busca de emprego. Uns datos negativos que malia todo non son alarmantes xa que o incremento foi moderados en todos os casos. En Redondela foron 13 o número de persoas que se anotaron nas listas do INEM sendo agoa 2.954 as que se atopan en paro. Mesmo incremento experimentou Soutomaior con 924 persoas anotadas. En Fornelos o número de parados suma 236 persoas, tres máis que no mes anterior e en Pazos o incremento foi de nove persoas con 471 parados a finais de xaneiro.