Logo dunha xornada de intensas precipitacións e fortes refachos de ventos, o servizo do Grumir en Redondela fai balance. Malia as alarmantes previsións as incidencias foron de relativa importancia: retirada de árbores nas parroquias de Vilar e Cabeiro e actuacións menores para retirar colectores da vía pública.
Con todo, logo da calma tras a cicloxénese explosiva de onte segundo Meteogalicia a situación vai volver empeorar coa chegada de novos temporais. Mañá está previsto o paso da borrasca Qumaira que deixará un novo episodio de fortes ventos e choivas intensa polo que se activa a alerta laranxa por vento que pode superar os 100Km/h. Xa o venres chegará unha terceira borrasca que traerá fortes precipitacións. Dende o Grumir de Redondela teñen en marcha unha serie de medidas preventivas de cara a minimizar os efectos destes temporais, así xa procederon a fixar aqueles elementos móbiles existentes en parques e xardíns, a retirar árbores debilitadas nas beiras do ríos e, en colaboración con Aqualia, un vehículo motobomba está a traballar para limpar os colectores asegurando así a súa capacidade ao cen por cento e evitar posibles inundacións.