A oferta pública de emprego convocada polo concello inclúe catro prazas de funcionario e seis de persoal laboral. As persoas interesadas en optar a unha destas prazas vacantes deben inscribirse como data límite o venres 7 de febreiro. A información das convocatoria pódese atopar no enderezo http://212.51.53.44/web/jupgrade/index.php/en/ofertas-de-emprego
Esta convocatoria inclúe catro prazas de funcionario para cubrir as vacantes de oficial da policía local, traballador social, ordenanza e unha segunda praza a media xornada de ordenanza reservada esta última a persoas discapacitadas. Convócanse tamén varias prazas de persoal laboral orientadas á contratación dun oficial electricista, tres conserxes dos pavillóns polideportivos, un a tempo completo e dous a tempo parcial, unha praza de operario de xardíns e unha última de limpador.
O prazo para presentar as instancias remata o 7 de febreiro. As bases específicas desta convocatoria pódense consultar na páxina web do concello ou no seguinte enlace http://212.51.53.44/web/jupgrade/index.php/en/ofertas-de-emprego