Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban en Lenda por segunda vez nunha semana

RR_Noticias

Os traballadores de Lenda atopáronse na mañá de hoxe cunha desagradable sorpresa ao chegar ao Centro ocupacional que se atopa na rúa Reveriano Soutullo, por segunda vez en sete días accederon ao interior do edificio coa intención de roubar. Nesta ocasión só subtraeron unha cámara Fuji que se suma aos máis de 300 euros que roubaron polo mesmo método na madrugada do pasado venres.

Dous roubos en tan so sete días. Ese é o desagradable balance que fan na asociación Lenda logo de que esta madrugada novamente volveran a acceder ás súas instalacións, revolveran unha das oficinas e se levaran unha cámara fotográfica marca Fuji. Dáse a circunstancia de que o pasado venres 31 de xaneiro viviron unha experiencia semellante cando ao chegar ao Centro Ocupacional decatáronse de que entraran nas instalacións forzando unha das fiestras do edificio. Nesa ocasión leváronse os cartos que gardaban nun pequena caixa forte “entre uns 300 e 400 euros que tiñan en efectivo para a compra de material”, algúns medicamentos e unha coitela dun plóter.
Non foi este o único incidente das últimas horas xa que de madrugada tamén uns ladróns deixan sen luz o Salgueiral para tentar roubar nunha academia de perruquería.
O roubo quedou en tentativa, xa que os asaltantes non lograron entrar no local aínda que si deixaron desperfectos tanto no acceso ao establecemento como no alumeado público, que cortaron para poder actuar con maior liberdade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará