Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sampil: “Queremos abrir a asociación a todos os colectivos que queiran achegarse”

RR_Noticias

O novo presidente da Asociación de empresarios, o arquitecto Fernando Sampil salienta o “carácter intencionadamente heteroxéneo” da nova xunta directiva do colectivo empresarial que chega con ánimo continuista pero tamén co obxectivo primordial de incrementar “a transparencia e a participación directa de todos os socios” así como fomentar o pequeno comercio e o sector da hostalaría para atraer un maior número de clientes.

Unha nova xunta directiva que saía elixida da Asemblea Xeral celebrada onte na sede da asociación de empresarios e na que están representados todos os sectores implicados a través dunha candidaturra paritaria na que Sampil está acompañado de Susana Míguez, Agustín Lovera Bas, José Luís Casal Iglesias, Mª Pilar Fernández Otero, Míriam Rodríguez Castro, Jorge Varela “Chopi” e Mª Carmen Docampo Cabaleiro. Entenden que o primeiro obxectivo a cumprir ao fronte da Asociación é fomentar o pequeno comercio, a hostalaría e o sector servizos como un ben transversal para a actividade económica do Concello. Sampil prefire non afondar en proxectos concretos xa que o primeiro paso “será familiarizarse coa situación da Asociación”. Malia todo si apunta que a súa intención e “dotar de maior contido o Centro Comercial Aberto” con campañas de marketing que atraian clientes, formación que mellore os negocios e compras colectivas de mercancías e servizos que abaraten os seus custes. Para o sector industrial recollen a necesidade de que a asociación de empresarios acompañe e represente a este sector ante as distintas administracións para lles facilitar principalmente a xestión de solo industrial e a simplificación de trámites administrativos.  

Fernando Sampil Presidente Asoc. Empresarios
Unha xunta directiva intencionadamente heteroxénea
Centro comercial aberto
Promover e atraer un maior número de clientes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará