Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte embarcacións de Redondela afectadas polo amarre da flota de cerco

RR_Noticias

O patrón maior da Confraría de Cesantes, Clemente Bastos, participa nas mobilizacións contra o reparto das cotas de xarda e xurelo que segundo denuncia afecta de cheo ás embarcacións de Redondela xa que “o 80% das afectadas na ría corresponden a armadores do noso concello”. Esixen que se modifique o reparto e que a administración autonómica defenda en España e Europa as súas demandas.

Armadores e mariñeiros da flota de cerco de Redondela sumáronse na mañá de hoxe á mobilización que partía ás 11:00 horas do peirao do Berbés ata chegar ao túnel de Beiramar  e que causaba importantes problemas no tráfico. O obxectivo da protesta é esixir unha modificación no actual sistema de reparto nas cotas de xarda e xurelo por entender que o actual “é inxusto”. Por unha banda, segundo denuncian as Confrarías o principal problema é a falta de cota pero tamén as diferencias que se producen entre comunidades xa que á flota galega, con moitos barcos e moitos tripulantes, ten menos cota que a asignada a outros comunidade como o pais Vasco con avultadas capturas malia contar con menos barcos. Vinte, das algo máis de trinta embarcacións do cerco amarradas na Ría de Vigo, son propiedade de armadores do noso concello. Esta situación está afectando negativamente ás economías familiares tanto dos patróns como dun importante número de mariñeiros.  

Clemente Bastos Patrón Maior
20 embaracións de Redondela permanecen paradas esixindo unha solución a este conflito
Reparto inxusto
Entende que o goberno autonómico debería facer máis presión para mellorar a situación da flota galega

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará