Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que as subvencións deportivas municipais “machacan” aos deportes minoritarios

RR_Noticias

Aseguran que as novas bases que regulan o acceso dos clubes ás axudas municipais para o deporte supuxeron unha diminución importante para aqueles clubs dos chamados deportes minoritaros tales como o tenis, o patinaxe ou o tiro con arco. Critican especialmente o recorte na achega económica ao Racing Club de Chapela dedicado a promocionar o deporte entre persoas con discapacidade intelectual.

Os nacionalistas aseguran que algúns clubs viron reducidas as axudas en algo máis do 50% e poñen como exemplos a reduccións da subvencións ao club de tenis de Redondela, ao club nautico, ao club de patinaxe artístico Bolboreta ou ao club Meigarco dedicado ao tiro con arco. En todos os casos recibiron unha achega menor que en  anos anteriores debido, segundo explican dende o Bloque, ás novas bases de subvencións deportivas aprobadas polo goberno local durante o ano 2013. Aseguran que nesta convocatoria “saen claramente discriminados aquelas modalidades que carecen dun amplo coñecemento por parte da poboación, que menos respaldo institucional reciben e que mesmo carecen de interese por parte das cadeas publicitarias”.
Para o BNG, a falla de apoio do goberno municipal a traverso destas subvencións a estes club deportivos “raia o cinismo” no caso do Racing Club Chapela. Explican que se trata dun club que tén acadado importantes éxitos en competicións tanto autonómicas como estataís e que promociona o deporte entre persoas con discapacidade intelectual, cuns resultados máis que destacados nestes últimos anos.
Malia que dende o goberno comprometeron axudas ao club para apoiar a súa participación en competicións de alto nivel estas víronse reducidas notablemente xa que “a subvención que recibe este clube pasa de 3.216€ no ano 2012 a 2.550€ no ano 2013, reducíndose nuns 700€ as axudas”.
O BNG insiste en que as subvencións deportivas deben promocionar aquelas disciplinas que teñen maiores dificultades para subsistir e que “cómpre ter en conta o interese dos e das deportistas por realizar actividades que están fóra dos canles promocionais” e acusan ao goberno de Javier Bas de apostar por proxectos de carácter megalómano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará