Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taller médico-paciente sobre a artrite en Chapela

RR_Noticias

A Asociación de enfermos de artrite de Pontevedra (ASEARPO), con sede en Chapela, organiza este mércores ás 19:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego un taller médico-paciente no que o reumatólogo Juan Cruz Martínez, xefe do Servizo de Reumatoloxía do Hospital provincial de Pontevedra explicará aos asistentes aspectos básicos da enfermidade e resolverá as preguntas que se formulen.

Con este tipo de actividade, a asociación que preside Mabel Avendaño quere facilitar a todos os afectados un intercambio de coñecementos e vivencias que lles poidan axudar a mellorar calquera aspecto desta enfermidade para levar mellor o día a día. Unha actividade aberta tamén aos coidadores a quen se lles trasladará información sobre a doenza que poida axudarlles a comprender a estado dos enfermos. Asearpo naceu precisamente co obxectivo de facilitar esta interacción e cubrir un espazo ata o de agora baleiro na provincia de Pontevedra, onde non existía asociación algunha que aglutinara aos enfermos de artrite, unha inflamación das articulación que provoca dor, fatiga e para a cal non existe cura, aínda que si moitos tratamentos que axudan a mellorar os seus síntomas e polo tanto a calidade de vida do paciente. Mabel Avendaño anima a todos os interesados a poñerse en contacto coa asociación a través do enderezo www.asearpo.org, páxina na que poden atopar tamén información sobre as diferentes actividades que organizan e convenios asinados con diferentes entidades que ofrecen aos seus socios ofertas en servizos tales como a fisioterapia, a naturopatía ou o acceso a programas específicos en hoteis e balnearios.  

Mabel Avendaño presidenta de ASEARPO
Fálanos do acto do mércores 19 en Chapela
Traballar conxuntamente
Ese é un dos obxectivos da asociación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará