A Policía Local de Redondela está intentando localizar ao propietario dun cabalo que de madrugada apareceu na zona do Salgueiral. O animal, que se atopa en bo estado e que se amosou dócil cando os axentes se achegaron a el, atópase agora atado á varanda do río Pexegueiro nas inmediacións do edifico da Casa do mar.
O aviso recibiuse nas dependencias da Policía Nacional ao redor das 3:20 horas da madrugada de hoxe, dando a alerta tamén aos axentes da policía local, quen localizaron ao animal na zona do Salgueiral. O cabalo, de cor marrón con crin e cola negra, foi trasladado ata o exterior da Casa do Mar, un traslado que se efectuou sen dificultade dado o carácter dócil do animal.
O cabalo atópase a estas horas atado na varanda do río Pexegueiro nas inmediacións das oficinas da policía local á espera de que apareza o seu propietario