Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e teatro no concerto didáctico que a agrupación Son+D2 ofrece no Multiusos

RR_Noticias

O auditorio da Xunqueira acolle este domingo ás 18:00 horas un concerto didáctico a cargo de Son+D2, un grupo formado por músicos e actores de teatro infantil que a través da guitarra, das voces e a percusión achegan aos nenos ao mundo da música e a súa creatividade.

Uns concertos que amosan aos nenos dun xeito interactivo os diferentes instrumentos e ritmos do mundo con cancións en directo e tamén xogos participativos. Así, no concerto do domingo o público poderán gozar dunha viaxe polas diferentes músicas e ritmos do mundo dende Galicia pasando por Latinoamérica ata África. Utilizando o teatro e buscando a complicidade dos nenos, os artistas irán explicando as características dos instrumentos deténdose nas anécdotas de cada instrumentos ou cada ritmo o u estilo musical. Carlos Freire, Jara Ortiz e Xoán Curiel xogarán cos rapaces facendo ritmos e coros, cantando cancións e convidando ao público a participar activamente. Unha actividade aberta a público familiar a partir de seis anos cun prezo de 4 euros para o público adulto, dous euros o público infantil.  

Xoan Curiel músico e actor
Fálanos do espectáculo que se poderá ver o domingo en Redondela
Tres artistas no escenario
A música dun xeito ameno e divertido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará