En División de Honra B, os de Chapela non levantan cabeza logo dunha nova derrota nesta ocasión ante o Sinfín, por 28-22. Atópanse na antepenúltima praza da categoría e teñen por diante un encontro difícil de salvar, reciben na vindeira xornada ao líder da categoría O Barcelona B. Mesam sorte correu a Sar que na súa visita ao campo do Magope Seis do Nadal caeu por 25 goles a 19.
Nova derrota para o Construcciones Castro Chapela que co lastre das ausencias non foi quen de superar ao Sinfín. Partido disputado o sábado en Santander a onde os de Chapela chegaron sen Iago Cuadrado e Nando que eran baixa por lesión. Aos cinco minutos de partido o Sinfín vencía xa tres a cero, unha distancia que iría aumentando consonte pasaban os minutos. Na segunda parte o encontro estivo máis igualado conseguindo o Chapela achegarse ata o 15-14 no marcador, pero minutos despois o Sinfín volveu afastarse ata chegar ao 28-22 final.
Con esta derrota o Construcciones Castro Chapela continúa ocupando a antepenúltima praza e na vindeira semana reciben ao líder, o Barcelona B.
Derrota tamén para a Sar que malia disputar unha primeira parte moi igualada que facía pensar nunha posible vitoria para os de Redondela non foron quen de superar ao Magope. De feito a Sar chegou a gozar dunha vantaxe de dous goles, pero a partir do minuto dez das segunda parte os homes do Magope viñéronse arriba cunha excelente defensa facéndose cun partido que terminaría con derrota para os redondeláns que caeron por 25-19.
Dende o noveno posto a Sar recibe na vindeira semana ao cuarto clasificado ao Luceros.