O partido resolveuse cun único gol para os locais desde os once metros. Os redondeláns tentaron a igualada e tiveron varias ocasións, pero non estiveron acertados baixo os paus. Os de Montes xa preparan a próxima xornada diante dun Cerceda que atravesa horas baixas.
Terceira División
Vilalbés 1-0 Choco
Os dous equipos chegaban a esta xornada con obxectivos distintos, o Choco coa permanencia no peto ce moita xornadas por diante para soñar con metas máis altas, e o Vilalbés que ten que asegurar a categoría e que está en alza desde a chegada de Charly. O partido resolveuse cun solitario gol xa no minuto 25 e anotado por Justino ao transformar unha pena máxima que sinalou o colexiado. Os de Jacobo Montes tentárono por todos os medios, introducindo homes de refresco na parte ofensiva, pero sen sorte para materializar as ocasións. Yerai foi o que deu o primeiro aviso tras o descanso, nun man a man con José Anxo no que errou. Cruzou en exceso o seu disparo e marchou desviado. Cortegoso salvou o segundo gol local cunha gran intervención nun man a man con Efrén no minuto 67 e Caloi probou sorte cun disparo desde dentro da área que José Anxo enviou a córner cun despexe moi preto do traveseiro. Os últimos minutos do encontro foron os máis tolos, xa que ningún dos dous conxuntos era capaz de crear perigo. Os locais mostráronse moi solventes na parcela defensiva e conseguiron tres puntos de ouro para o obxectivo da permanencia. O Choco permanece a seis puntos do play-off contando no seu marcador con corenta e catro puntos. A próxima semana reciben en Santa Mariña a un Cerceda en horas baixas e ao que pode adiantar na clasificación de conseguir a vitoria.
Segunda Autonómica
Choco B 1-1 Santa Mariña
Reparto de puntos entre o filial do Choco e o Santa Mariña, o seu inmediato perseguidor. Na próxima xornada xogarán no campo do C. Apóstol.
Zacande 1-0 Soutomaior
O Soutomaior non puido co Zacande, que agora o adianta na clasificación logo de chegar a este encontro empatados a puntos. Na próxima xornada recibirán A Lama.
Arcade 1-1 Noalla
Os de Soutomaior conseguiron sumar un punto importante na visita do Noalla, un dos equipos máid fortes do grupo. Na próxima xornada xogarán no campo do Mosteiro.
Terceira Autonómica
Cesantes 1-2 Campañó
Os redondeláns non foron quen de superar ao Campañó, que agora os adianta en 3 puntos, logo de chegar a este encontro empatados. Na próxima xornada xogarán no campo do Moraña.
Vincios 1-1 At.Vilar
Os redondeláns conseguiron un punto de ouro na súa visita á casa do Vincios, que perdeu o liderado. Na próxima xornada o At.Vilar mídese a outro óso, recibe ao Miño, actual líder
Chapela 3-1 Sta Eulalia
Os de Redondela lideran a clasificación xunto co Miño logo de impoñerse ao Sta Eulalia. E teñen unha clara oportunidade de manter ese liderado xa que na próxima xornada xogarán no campo do pechacancelas, o Fortuna, que aínda non coñece a vitoria no que vai de liga.
Vilasobroso 3-3 Nespereira
Reparto de puntos nun encontro de moitos goles para o Nespereira, que mantén a 5ª posición na táboa. A próxima xornada recibe ao Louredo, afundido no pozo da clasificación.