Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE solicita medidas municipais contra os desafiuzamentos

RR_Noticias

O grupo municipal socialista solicita ás entidades financeiras que comercializan en Redondela que faciliten unha listaxe das vivendas da súa titularidade para que sexan incluídas no Fondo social de vivenda do Estado ou no plan reconduce da Xunta co obxectivo de que as familias que teñan perdido a súa vivenda poidan acceder a elas. Esta é unha das medidas que inclúen nunha moción que será debatida mañá no pleno ordinario de Febreiro.

Solicitan tamén do goberno local que poña n marcha un acordo plenario de novembro de 2012 a través do cal e a proposta do BNG o concello acordara a creación dunha comisión especial para atender casos de desafiuzamentos. Unha comisión que segundo o aprobado debería estar composta por responsables dos servizos sociais, portavoces municipais e plataformas contra os desafiuzamentos para estudar a posibilidade de axudas ao aluguer, axudas para evitar o corte de subministros básicos como auga, gas ou luz e axudas á alimentacións.
Critican dende o PSOE que quince meses despois de adoptarse este acordo non se teña posto en marcha dita Comisión.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará