Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cincuenta persoas diplomadas en limpeza forestal e industrial, xestión doméstica e hábitos saudables

RR_Noticias

Medio cento de alumnos dos cursos realizados dentro do Programa de Acción Municipal de Redondela recibiron onte os seus diplomas. Trátase de persoas de entre 20 e 50 anos, que se formaron en Xestión Doméstica, Hábitos Saudables e Limpeza Forestal, dentro dun programa que contou con financiamento da Deputación de Pontevedra, ademais de outro curso de Limpeza Industrial financiado integramente polo Concello de Redondela.

Os alumnos recibiron os diplomas da man da concelleira de Servizos Sociais, Teresa París, quen os felicitou por ter completado esta formación. No acto estivo acompañada polo alcalde, Javier Bas, e a deputada provincial Marta Iglesias. O rexedor destacou que nestes tempos é máis importante que nunca contar cunha “boa formación” e confiou en que estes cursos poidan servir aos alumnos tanto para mellorar a súa vida cotiá como a súa “empregabilidade”. Pola súa banda, a deputada Marta Iglesias dirixiuse aos recén diplomados para lembrarlles que ese título é “un recoñecemento” ao seu esforzo, logo dos coñecementos adquiridos, e unha notable melloría na súa formación. Ademais animounos a seguir aprendendo, sobre todo naquelas áreas nas que se poida xerar emprego unha vez superada a actual crise económica.  

Teresa París edil de Servizos Sociais
A concelleira salienta a importancia destes curos para a formación dos alumnos.
Javier Bas alcalde
O rexedor felicita aos diplomados por ter rematado os cursos de formación.
Marta Iglesias deputada provincial
Para a deputada os diplomas son un recoñecemento ó esforzo dos alumnos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará