Con obras que van do pastel ata o óleo, mesmo con collages nos que incorpora elementos téxtiles, a artista recolle o universo feminino, moi suxerente e colorista. Entre os retratos expostos no Multiusos da Xunqueira podemos atopar a unha folclórica, e ata unha ninfa, pero sobre todo mulleres actuais e moi femininas, que parecen sacadas da portada dunha revista de moda.
A autora da mostra, Pilar Cabello, advirte que a súa orixe artística no mundo do deseño e a moda sempre queda plasmado no seu traballo, co tamén quere conmemorar o Día da Muller, que se celebra o próximo 8 de marzo. Madrileña de nacemento e galega de adopción, Cabello de Rey maniféstase herdeira da revolución cultural da década dos anos 80. Reivindica aquela época na que a mocidade buscaba rachar co pasado en todas as disciplinas artísticas para buscar novas fórmulas de expresión. Algo que bota en falta na mocidade actual, á que fai un chamamento para que busque solucións e se revele ante a crise actual, para que se mova “e faga algo”, xa que conta con múltiples ferramentas e plataformas á súa dispocisión. A exposición “Muller” estará aberta ao público no Multiusos da Xunqueira ata o 2 de marzo.