Un numeroso grupo de mulleres de Redondela participaron na tarde de onte dun acto reivindicativo convocado por Anova e que consistiu en rexistrar o seu corpo no rexistro de propiedade na oficina situada en Ernestina Otero como xeito de protestar contra a reforma da lei do aborto que promove o goberno central.
Unha actividade enmarcada dentro da campaña que se está a desenvolver nas diferentes localidades do país e que busca, a través desta acción simbólica, amosar a repulsa das mulleres á reforma da actual lei do aborto promovida polo PP. Dende ANova lembran que este tivo de actos simbólicos serven para deixar constancia de que as mulleres “teñen o dereito a decidir plenamente sobre o seu corpo”.