Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE nega categoricamente a existencia dun pacto co PP para aprobar os orzamentos

RR_Noticias

O secretario xeral dos socialistas de Redondela, Leonardo Cabaleiro nega rotundamente que existise un pacto PSOE-PP na aprobación dos orzamentos e reitera que a decisión de Luís Orge de absterse na votación e propiciar así a aprobación das contas dos populares foi “unha decisión unilateral e persoal”. Entende ademais que o BNG “equivócase de adversario” cando acusa aos socialistas de seguir unha estratexia conxunta con PP.

Cabaleiro amosouse contundente á hora de contestar ás críticas vertidas polos nacionalistas que ven detrás da aprobación dos orzamentos en Redondela unha estratexia conxunta de PSOE e PP.
O Bloque entende que a abstencións do socialista Luís Orge que permitiu ao goberno de Javier Bas sacar adiante os orzamentos municipais está enmarcada “dentro dunha dinámica de pactos de ambas organizacións” e poñen como exemplo o inminente acordo en Vigo que permitirá a Abel Caballero aprobar os orzamentos nesa cidade grazas ao apoio dos populares.
Antes estas afirmacións Cabaleiro amósase rotundo “non existe ningún tipo de pacto entre o PP e o PSOE en Redondela” e reitera unha vez máis que “o voto de Orge no pleno dos orzamentos foi unha decisión unilateral e persoal do concelleiro en contra do que pensaba o resto da agrupación socialista”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará