A agrupación redondelá enfróntase este sábado ao grupo Troika Jazz Quartet de Vigo nun dos úlitmos concertos de clasificación deste festival de maquetas dotado con mil euros e que se vai celebrar ás doce e media da noite no local JJ de Ponteareas.
Los Walter Mathaus é unha agrupación de Redondela formada por Pedro Pérez na guitarra e voz; Chus Guedella no baixo; Paulo Medal no teclado; Varo Gil na bateria; Miguel Martinez nos saxo e Seve Fervenza no acordeón e coros; e que están a piques de poñer á venda o seu primeiro traballo titulado Varón Dandy. Tentarán esta fin de semana facerse cun oco no último tramo do festival de maquetas Rock in Río Tea enfrontándose a Tronka Jazz Quartet de Vigo nun dos últimos concertos de clasificación. Un concerto que terá lugar no local JJ de Ponteareas con entrada de balde.