Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A comparsa Cor Café con El Gran Gatsby gaña o concurso de Redondela

RR_Noticias

Centos de persoas ateigaron na tarde de onte o casco urbano de Redondela para gozar dun entorido que tivo a súa segunda oportunidade logo de ser posposto a semana pasada por mor do mal tempo. E esta vez si, as boas temperaturas animaron aos veciños a saír á rúa para gozar dun desfile que dende as catro da tarde encheu de cor e animación as rúas Xeneral Rubín, Ribeira e Alfonso XII para dar paso xa a última hora á queima do meco a cargo de Troula Animación.

O xurado concedeu o primeiro premio á compasa Cor Café cunha coreografía inspirada no Gran Gatsby a cargo de 80 participantes. O segundo premio foi para Os Miúdos de Arcade coa temática  a Festa  do Xardín e os 120 participantes da agrupación As Caperuchiñas do Colexio de Mosteiros de Bembrive fixéronse co terceiro galardón concedido polo Concello.
Unha vez anunciados os premiados arrancou o espectáculo Pachamama a cargo de Troula Animación. Catro xigantes articulados foron os encargados de animar os minutos previos á queima do meco, que este ano simbolizaba a adicción aos videoxogos e que, como manda a tradición, finalmente foi devorado polo lume.
Un entroido atrasado que o sábado vivía en Chapela un animado enterro do berete, onde o loito deu paso tamén á participación de numerosas agrupacións que non se quixeron perder esta cita na que o bo tempo foi tamén protagonista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará