O Construcciones Castro Chapela non foi quen de pararlle os pes ao Benidorm e sufriu unha nova derrota esta fin de semana por 28 goles a 22. Mellor lle foron a s cousas a Sar que si remontou un partido en contra ante o Luceros. Vitoria para os de Redondela por 23 goles a 21.
En División de honra B o Castro Construcciones Chapela volvía sufrir esta fin de semana unha derrota, nesta ocasión na súa visita a Benidorm. Máis de dez horas en autobús pasáronlle factura aos de Fran Teixeira que malia os seus esforzos non lograron superar aos rivais. Partido que rematou co resultado de 28-22, unha nova derrota que mantén aos de Chapela nos últimos postos da táboa. Son antepenúltimos e reciben na vindeira semana ao Pozoblanco.
Vitoria para a SAR in extremis
Partido de infarto o vivido esta fin de semana na Bomboneira entre a Sar Plastic Omniun e o Luceros e que finalizou cun resultado favorable para os primeiros que lograron a vitoria por 23 goles a 21. A falta tan só de oito minutos e co marcador en contra, o adestrador da SAR pedía tempo morto. Os xogadores volvían á pista con forzas renovadas e con dous goles de Guta e outro de Manu Rei lograban remontar e acadar unha importante vitoria
Dende o oitavo posto da clasificación, a Sar repita na vindeira fin de semana partido na casa, reciben ao Oar Coruña.