Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Redondela un condutor que se deu á fuga logo de colidir cunha moto en Vigo

RR_Noticias

Axentes da Policía Local de Redondela detiveron na noite de onte na rúa Figueiral a un marroquí veciño de O Viso de 44 anos de idade que logo de colidir cunha motocicleta en Vigo deuse á fuga. O home triplicaba a taxa de alcol permitida ao volante e pasou xa a disposición xudicial.

Os feitos producíanse ás 22:30 horas de onte domingo, cando a Policía Local recibía o aviso da detención deste home na rúa Figueiral na zona do casco vello de Redondela. Unha vez no lugar e ante o evidente estado de embriaguez que presentada o condutor, os axentes procederon a realizarlle a proba da alcoholemia, dando un resultado de 0,90, máis de tres veces o permitido ao volante.
O condutor deste vehículo, un marroquí de 44 anos de idade residente en O Viso chegou a Redondela logo de colidir cunha moto en Vigo e darse á fuga. Foi unha testemuña deste accidente quen o seguiu dende a cidade olívica ata darlle alcance na rúa Figueiral onde quedou retido ata a chegada da Policía Local, que o trasladaron a dependencias policiais. O detido pasou xa a disposición xudicial.  
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará