Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cede un empate ante o Areas

RR_Noticias

Os redondeláns adiantáronse no marcador nun partido intenso disputado no campo da Lomba. Os de Jacobo Montes, con goles de Pablo Couñago e Xosé puxeron o 0-2 a favor, pero o Areas remontou na última media de hora de encontro. O Choco, que rematou cun home menos, queda a cinco puntos da loita polo play off.

Terceira División
Areas 2-Choco 2
Partido de moita intensidade, con moito fútbol aínda que escasas ocasións no campo da Lomba. Na primeira parte o Choco dominou o encontro e a dous minutos para o descanso Rober centra e o balón toca a man Bruno. Penalti claro a favor do Choco que transformou Pablo Couñago desde os 11 metros. Tras o 0-1 do primeiro tempo, o Choco tivo outra ocasión con Yeray como protagonista, que tras un gran centro rematou de cabeza Pablo por liña de fondo. A partir de aquí, no 64, Xosé cun gran lanzamento de falta desde fóra da área, coloca a pelota ao fondo da rede ponteareá e sobe o segundo gol ao marcador. Tras o gol chegaría a expulsión, onde o Choco quedaría cun menos no campo tras ver a vermella por dobre amoestación ao lateral Anxo. Tamén sería expulsado tres minutos mais tarde o adestrador do Areas Fonsi Valverde. No 71 de xogo chegaría o gol do Areas, cun brillante lanzamento de falta de Víctor Besada. O Areas foise a por o partido, tentando polo menos o empate, que ao final o conseguiría Couso no minuto 82. O reparto de puntos deixa ó Choco na sétima praza do grupo, a cinco puntos dos postos que dan acceso a xogar a fase de ascenso.
Segunda Autonómica

Choco B 5-0 Coia
Goleada do filial do Choco que mantén a quinta praza do grupo. Na próxima xornada xogará no campo do Lavadores, da metade da táboa
Mosteiro 1-0 Arcade
Un único gol de Carlos a 10 minutos para o final deulle a vitoria ó Mosteiro nun partido marcado polas expulsións: dúas para os locais e unha para os visitantes, todos por dobre cartón amarelo. Próxima xornada Arcade-Pontecaldelas.
Soutomaior 1-0 A Lama
Oliver de falta directa e en tempo de desconto deu a vitoria ao Soutomaior. Próxima xornada Amanecer-Soutomaior.
Terceira Autonómica

Moraña 3-1 Cesantes
O Cesantes baixa á décima posición logo da derrota no campo do Moraña. A próxima xornada reciben ao Moaña B, un posto por baixo dos redondeláns.
Chapela 1-1 At. Vilar
Reparto de puntos no derbi local que deixa ó Chapela fóra do liderado do grupo, agora é segundo, e ao Vilar na novena praza. Na próxima xornada os enfrontamentos serán At.Vilar-Coruxo B e Moledo-Chapela
Nespereira descansou. Na próxima xornada xogarán no campo do Oliveira.
Futbol Sala- Terceira División

Pazos de Borbén 10-5 Ribeira
Os de Pazos golearon ao rival e consolídanse como un dos equipos máis fortes do grupo. A próxima fin de semana mediranse a outro rival de entidade, o Bueu, un posto por riba do Pazos de Borbén, pero hai que ter en conta que os de Marcelo contan cun partido menos disputado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará