A Rede de Músicas Soltas de Redondela continúa co concerto de Caxade, banda en cuarteto do acordeonista, cantor e compositor Alonso Caxade que presentarán as cancións do seu disco de debut “Dança dos Moscas”. A actuación será o sábado 15 ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 4 euros.
Caxade é o nome do proxecto persoal de Alonso Caxade. Mauro Sanín do Centro galego de música popular, aCentral folque, explica que se trata dun proxecto de música “indie que lle gusta aos folkies e folk que lle gusta aos indies” . Caxade é unha banda formada por Manu Paino na trompeta e no carillón, Manu Espinho no bombardino, Xosé Tunhas na batería e o propio Alonso Caxade na voz e no acordeón.