A cooperativa Trespés convoca aos veciños a participar nunha ruta en bicicleta polos arredores de Redondela con saída o mércores ás 17:00 horas dende a praza da Constitución. Unha actividade enmarcada dentro do programa de mobilidade que durante toda a semana están a realizar no noso concello e que conta coa participación de mozos procedentes de Exipto, Macedonia, Bélxica e Galicia.
Un encontro que persegue estudar e analizar os diferentes modelos de mobilidade existentes nos diferentes países para a continuacións procurar outras formas menos daniñas para o medio ambiente que poidan ser unha alternativa real a aplicar no noso concello.
Os resultados do seminario serán expostos en público o venres 14 na Casa da Cultura ás 20:00 horas.