Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Importante triunfo do Construcciones Castro Chapela ante o Pozoblanco

RR_Noticias

Partido disputado no pavillón de Chapela con gran ambiente nas bancadas e que rematou cun resultado de 31 goles a 26. Pola súa banda a SAR perdía o partido ante o OAR Coruña nos últimos minutos do encontro, 24-25 foi o resultado final dese encontro disputado en Redondela.

Vitoria para o balonmán Chapela que desenvolveu unha primeira parte maxistral chegándose ao descanso cunha merecida vitoria de 19-13. A segunda parte foi ben diferente con reacción do equipo andaluz que obrigaba a Fran Teixeira a pedir tempo morto para frear ao rival. Finalmente o Chapela logrou vencer por 31 goles a 26 esta primeira final das oito que lle esperan de cara a lograr a permanencia. Con ánimos renovados, o Chapela visita na vindeira semana o campo do Teucro, equipo que se atopa no noveno posto da clasificación
A SAR perde o partido nos últimos minutos
A SAR Plastic Omnium caía ante o OAR Coruña por tan só un tanto, 24-25 foi o resultado final dun partido que os redondeláns perderon nos últimos cinco minutos do entronco. De feito, durante a primeira parte e ata o minuto vinte a igualdade foi a dominante. Os coruñeses penalizaron os erros dos locais na segunda metade logrando unha axustada vitoria que deixa no oitavo posto da clasificación en 1ª nacional. A Sar desprázase ao pavillón de o Rosal para enfrontarse ao líder da categoría, o Atlético Novás.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará