Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os voluntarios plantan 1.100 árbores no Viso

RR_Noticias

O Día da árbore celebrado na mañá de onte no monte Espiño no Viso congregou a medio centro de persoas que en tan só unhas horas plantaron un total de 1.100 árbores. Unha actividade organizada pola Comunidade de Montes e a Sociedade Cultural do Viso. A plantación centrouse en ampliar unha zona desarborada con piñeiros e máis con castiñeiros para deste xeito aumentar a diversidade arbórea do lugar.

Máis de 50 persoas entre cativos e adultos reuníronse onte para traballar en prol do monte veciñal en man común, polo monte galego e pola natureza da comarca. Dende a organización e como representante de tódolos comuneiros da parroquia do Viso, Fernando Veiga, presidente da comunidade de montes veciñais en man común, quixo agradecer a tódolos asistentes a súa dedicación, implicación e defensa do monte veciñal do Viso. En total plantáronse en cuestión de horas unhas 1.100 árbores, feito que ao entender dos organizadores “demostra a capacidade de implicación da veciñanza e a boa vontade de moita xente de cara a participar en actividades relacionadas coa natureza”. Destacan tamén a colaboración de empresas privadas en actividades desta índole, como foi o caso de “Silvareira Servicios Agroforestais” e “Maquinaria Agrícola Carpintero”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará