Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos cinco romaneses por posesión de material presuntamente roubado

RR_Noticias

Axentes da policía local detiveron ás seis da mañá de onte na Praza de Ribadavia (praza da Farola) aos cinco ocupantes dun Opel Astra que portaban no seu interior unha maleta cargada de diverso material procedente supostamente de actos delictivos. Os arrestados foron trasladados a dependencias da Policía Nacional en Vigo e pasaron xa a disposición xudicial.

A Policía Local de Redondela detiveron onte a cinco persoas de nacionalidade romanesa cando viaxaban nun Opel Astra cunha maleta cargada de obxectos e xoias supostamente roubadas.
Os feitos producíronse ás seis da mañá cando unha patrulla deu o alto ao vehículo no que viaxaban as cinco persoas logo de que realizara unha manobra irregular. A continuación procederon a rexistrar o vehículo atopando unha maleta e varias bolsas con obxectos de valor no seu interior como moedas antigas, vaixelas de prata, numerosas xoias, así como botellas de whisky de diferentes marcas cun alto valor no mercado.
Os detidos, todos varóns de idades comprendidas entre os 47 e os 18 anos, non foron quen de explicar a procedencia do material polo que se procedeu a súa detención e posterior traslado a dependencias da Policía Nacional en Vigo.
Estímase que o valor dos obxectos recuperados poderían superar os 40.000 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará