O organismo provincial convoca a contratación de tres obras en Redondela por valor de 135.000 euros. Preto de 111.000 euros investiranse no parque infantil de Chapela e destinaranse 23.564 euros para a execución doutros dous parques en Soutoxuste e no centro cultural de Cidadelle, tamén en Chapela.
No prazo de quince días as firmas interesadas poderán presentar as súas propostas para a execución de ditas obras. Dentro do mesmo paquete de investimentos enmarcado no Plan de Obras e Servizos da Deputación contémplase tamén a ampliación do parque infantil do Peirao de Soutomaior, dotado cun ornamento de 58.326 euros.