O Multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela acolle o sábado 29 ás 18.00 horas a XIX edición deste Festival coa actuación da Agrupación Musical “Lira de San Miguel De Oia” a “Unión Musical de Coruxo” e, como cada ano, a Banda de Música de Chapela como anfitrioa.
O festival, organizado pola Banda e a Escola de Música de Chapela é o único destas características que se celebra en Redondela e conta cada ano con bandas convidadas dun alto nivel musical que reúne nun mesmo escenarios a máis de 100 músicos.
Nesta XIX edición o festival contará coas seguintes bandas convidadas: a Agrupación Musical “Lira de San Miguel De Oia” a “Unión Musical de Coruxo” e a actuación como anfitrioa da Banda de Música de Chapela.
As bandas participantes interpretarán un variado repertorio coa intención de chegar a todos os públicos, incluíndo no mesmo desde temas clásicos a temas pensados para os máis pequenos. A Banda e a Escola de Música de Chapela pretenden que este festival sexa tamén un lugar de encontro coa música, non só dos maiores senón tamén dos máis pequenos.