Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade agarda 25.000 visitantes na XXVIII Festa da Ostra e a venda de 100.000 unidades

RR_Noticias

A cita gastronómica será esta fin de semana, os días 5 e 6 de abril. Desde o Concello de Soutomaior confían en que se venderán unhas 100.000 unidades de ostra a prezos populares, grazas ao esforzo que fai a organización por manter as tarifas de anos anteriores. O evento organízase nunha nova ubicación, no aparcadoiro do peirao.

A localidade de Arcade prepárase para acoller na próxima fin de semana a máis de 25.000 asistentes á nova edición da Festa da Ostra. As ostras que se consumirán ao longo dos dous días desta cita gastronómica será duns 100.000 exemplares, segundo as estimacións dos organizadores. O alcalde, Agustín Reguera, confía así en recuperar o volume de asistencia que historicamente recolle esta cita, e que descendeu o pasado ano por mor da situación meteorolóxica e a crise. Para contribuír a que o público se achegue a Arcade de xeito masivo, a organización fai este ano “un gran esforzo” para manter os prezos de edicións anteriores. Malia que as condicións meteorolóxicas deste inverno prexudicaron á produción de ostra, que incrementou o seu prezo, a ración de ostras ao natural, que inclúe unha ducia deste prezado molusco será de 5 euros. O memso prezo terá a ración de ostras en escabeche e tamén a empanada realizada con este marisco. Os que queiran acompañar as viandas cun bo viño galego terán á súa disposición botellas de albariño M.Vinyals de Soutomaior a 8 euros e de ribeiro a 4 euros. Unha das novidades da presente edición é a nova situación da carpa e o recinto feiral. Para maior comodidade, tanto dos asistentes coma dos encargados dos postos, a festa instalarase no novo aparcadoiro da zona portuaria, na mesma contorna da súa tradicional situación. Durante a presentación, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Dolores Cernadas. Reguera xplicou a importancia deste encontro gastronómico para o Concello dende o punto de vista turístico e gastronómico, xa que a ostra é o produto estrela da localidade. O rexedor mesmo comentou anécdotas sobre a presenza da ostra de Arcade nas carta de restaurantes de todo o territorio estatal. A celebración comezará o sábado día 5 de abril ás 11.00 horas, coa apertura das casetas de venda de ostras no recinto da festa. Pouco máis tarde, ás 12:00 horas, a charanga Rias Baixas será a encargada de poñer música ó evento co seu pasarrúas polas principais avenidas de Arcade. Ás 22:00 horas, a música das orquestras “Marbella” e “Televisión” amenizará aos asistentes no recinto portuario. Nese mesmo lugar celebrarase a media noite a clásica tirada de foguetes artificiais que pecha a primeira xornada dos festexos. O domingo 6, será o día grande da festa. As casetas de ostras abrirán unha hora antes, ás 10:00 horas. A partires das 11.00 comezará a animación coas Bandas de Música Artística de Arcade e Cultural de Arcade. Ás 13:00 horas terá lugar a Lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo da actriz Patricia Vázquez e do cómico estradense Isi. Ademais, os nenos contarán cunha zona de xogos e atraccións inchables no recinto feiral.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará