Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Bibliotecas celebran o Día do libro Infantil e Xuvenil

RR_Noticias

Marisa Irimia será a encargada de impartir a actividade Mandalas de Conto o mércores día 2 na sala infantil da Biblioteca de Redondela. En Chapela será o venres cando os pequenos poidan gozar cun obradoiro a cargo da contacontos Ana Romero quen lles ensinará que “A ciencia é divertida”. Dúas actividades orientadas ao público infantil co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Os contos clásicos serviranlles aos rapaces para crear as súas “Mandalas” unhas representacións simbólicas con formas xeométricas que os participantes neste obradoiro, dirixido por Marisa Irimia, aprenderán a facer este mércores na biblioteca de Redondela ás 18:00 horas. A segunda das actividades previstas terá lugar o venres en Chapela. A Contacontos Ana Romero “Nita” será a encargada de guiar unha actividade na que se mesturan os contos coa ciencia, un xeito de introducirlles aos máis cativos o interese pola explicación científica do que nos rodea. Haberá dúas sesións, unha de 18:00 a 18:30 horas para cativos de dous e tres anos e, a continuación celebrarase unha segunda sesión para rapaces entre 3 e seis anos de idade. Actividades gratuítas para as cales é preciso inscrición previa porque as prazas son limitadas. Información nas propias bibliotecas ou nos teléfonos 986 401561 ou 986 454226.  

Mª Elena Becerra directora da biblioteca
Fálanos da actividade que terá lugar o venres en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará