Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 pendentes dunha nova reunión con Fomento

RR_Noticias

As obras de ampliación da autoestrada AP-9 por Chapela afectará a ducias de veciños aínda que polo de agora o Ministerio de Fomento tan só prevé a expropiación dunha única vivenda e do Colexio de Igrexa. Con todo, dende a Asociación lembran que hai 13 que quedarán a menos de 8 metros da vía, cuxos titulares terían que solicitar a expropiación voluntaria “o que suporá que se lles pague unha cantidade menor polas súas propiedades”.

O presidente da Asociación de Afectados, Rafael Baltasar, engade que serán ademais ducias as vivendas afectadas pola liña de servidume que se establece a 25 metros a cada lado do vial, unha afección que provocará unha devaluación de ditas propiedades. Por ese motivo, dende a Asociación piden que se chegue a un acordo entre Concello e Fomento para que no futuro Plan Xeral se estableza unha excepción en Chapela para que non se incremente a liña de afección. A Asociación reunirase cos responsables de Fomento despois de Semana Santa para coñecer xa os datos concretos do proxecto de ampliación. A continuación teñen previsto celebrar unha asemblea aberta a todos os veciños para informar e adoptar as medidas que consideren oportunas.  

Rafael Baltasar afectados pola Ap-9
Afeccións que afectan a moitas vivendas e ao colexio
Reunión con Fomento
Informarán aos veciños logo da reunión cos técnicos despois de Semana Santa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará