Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Pedro Floriani celebra unhas xornadas sobre alimentación, saúde e deporte

RR_Noticias

Os mozos de Redondela non son alleos aos problemas derivados da mala alimentación e o sedentarismo que afectan á xuventude en xeral. Uns problemas que tenden a converterse nunha auténtica epidemia entre a poboación escolar. Conscientes deste feito, un grupo de profesores do Instituto Pedro Floriani organizan a I semana da saúde que se vai desenvolver entre o 7 e o 11 de abril.

A alimentación, a saúde e a práctica do deporte serán os eixes fundamentais dunha xornadas que organiza o Instituto Pedro Floriani durante a vindeira semana. Serán cinco días de obradoiros, exposicións, charlas e actividades deportivas para que os alumnos adquiran hábitos saudables e coñezan as vantaxes de levar unha dieta saudable, segundo explica Mercé Barrientos unha das profesoras que lidera a iniciativa Floriani Saudable. Esta docente de educación física salienta que os mozos do noso concello non se escapan dunha realidade que constata o incremento do sedentarismo, o sobrepeso e as incorrectas pautas alimenticias. Entre os datos máis alarmantes destaca o feito de que algúns alumnos acudan ás clases sen almorzar e que unha porcentaxe moi alta non coma froita nin verduras e pola contra consuma moita bolería industrial e bebidas de cola en exceso. Algunhas das actividades concretas a desenvolver consistirán no reparto de froita e na realización de almorzos saudables. Tamén presentarán un “Trivial saudable” unha versión do popular xogo con centos de preguntas relacionadas coa alimentación, o exercicio e a saúde. Un dos obxectivos desta I semana da saúde é implicar a toda a comunidade educativa e en especial a pais a nais xa que e moitos casos, aínda que sabedores de cal é a alimentación dos seus fillos, non son conscientes das repercusións que estes malos hábitos poden ter na súa saúde a medio e longo prazo.    

Mercé Barrientos Floriani Saudable
A I semana da saúde celebrarase entre o 7 e o 11 de abril
Problemas detectados
Habitos poucos saudables entre os máis novos como non almorzar ou consumir un exceso de bolos industriais
Emilio González Avión director do IES
Un dos obxectivos da iniciativa é traballar na prevención

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará