Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela non nota o descenso do paro

RR_Noticias

As cifras do paro no último mes non experimentaron unha melloría salientable no noso concello, xa que o número de parados no noso municipio reduciuse en tan só unha persoa en marzo en relación co mes anterior, sendo actualmente 2.932 as persoas que se atopan en situación de busca de emprego, segundo os últimos datos manexados pola Consellería de traballo.

A estatística mellora se nos referimos aos datos do último ano, xa que en marzo do 2013 eran 3.088 o número de persoas paradas, 156 desempregados máis respecto dos datos actuais.
No resto da bisbarra o desemprego reduciuse no concello de Soutomaior, con once persoas menos nas listas do paro neste mes de marzo situándose o cómputo total en 897 persoas. Mesma tendencia atopamos en Fornelos de Montes, onde o desemprego tamén experimentou unha melloría, sendo agora 226 persoas en paro, dez menos que no mes anterior.
A excepción atopámola en pazos de Borbén onde son a día de hoxe nove persoas máis inscritas no INEM, cun total de 484 desempregados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará