Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS vence ao Garciaaraujo.com

RR_Noticias

Os de Julio Mougán ofreceron aos seus seareiros unha nova vitoria no partido disputado no Pavillón Municipal. 5-2 foi o resultado final dun partido que se presumía complicado pola boa segunda volta dos visitantes. Os redondeláns mantéñense na terceira praza da categoría e na vindeira fin de semana xogan no campo do Poio.

O Redondela saiu moi concentrado e moi intenso segundo explicou o adestrador “sabedor da importancia dos puntos”, e controlou tanto a posesión do esférico como o tempo do partido. Miguel, Dani e Jorge converterían os tantos antes de ver como en dous erros, os visitantes aproveitaban para reducir a distancia.
O segundo tempo, ata que Portillo a seis minutos poñía o 4-2 , tivo alternativas para os dous equipos, e tanto puido chegar o empate dos visitantes, se non fose por un acertado Diego que debutaba de maneira espléndida, como ampliar a distancia o Redondela, que seguiu gozando de boas ocasións. Xa nos minutos finais, Dani dende os 10 metros poría o definitivo 5-2, cos visitantes xogando co porteiro xogador.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará