A Federación de Libreiros de Galicia recoñeceu o labor de promoción da lectura levado a cabo dende a Biblioteca Municipal de Redondela. Unha iniciativa desenvolvida no pasado Nadal en colaboración coa Radio Municipal e os libreiros do concello que foi galardoada esta fin de semana na entrega dos XXIII Premios Irmandade do Libro celebrada en Rianxo.
O proxecto premiado contou coa colaboración dos libreiros de A Carambola de Reboreda, Libraría Rivero de Chapela e as librarías La Imprenta de Amador, Moliere, Doble Pauta e Mandamamá no casco urbano de Redondela e da Radio Municipal na que se emitiu unha programación especial destinada a promocionar os libros como agasallo de Nadal e a sua adquisición nas librarías do propio concello.