Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un dispositivo especial de limpeza pon a punto as praias de Soutomaior

RR_Noticias

Os traballos desenvolvéronse nos areais de Arcade e nas praias fluviais da Xunqueira e Veiguiña Longa e centráronse na limpeza e a retirada dos restos depositados tras os últimos temporais, principalmente artes de pesca abandonados, latas, bolsas e gran cantidade de residuos vexetais como algas e anacos de madeira.

Tras un duro inverno que azoutou Galicia durante meses e no que houbo ata sete cicloxéneses explosivas, as praias de Soutomaior xa están preparadas para o primeiro período vacacional do ano. Cunha campaña de limpeza, operarios do Concello retiraron esta semana os restos e sedimentos depositados polo mar durante o inverno. Principalmente artes de pesca abandonados, latas, bolsas e gran cantidade de residuos vexetais como algas e anacos de madeira. Os traballos, segundo explican dende o Concello, non foron doados xa que moitos destes depósitos xa se encontraban semisoterrados pola acción das mareas.
Na canle do río Verdugo, onde se asentan as praias fluviais da Xunqueira e Veiguiña Longa, a brigada municipal procedeu á recollida do material orgánico arrastrado polo río durante as abundantes chuvias dos últimos meses. As abundantes do pasado inverno deixaron as súas beiras repletas de restos de árbores e follas..
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, expresou a súa satisfacción ante a efectividade e prontitude dos traballos e indicou que estas actuacións se repetirán nos próximos meses coa intención de manter o bo estado das áreas recreativas durante o período estival.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará