Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os escolares de Reboreda celebran o Día da árbore cunha plantación de carballos

RR_Noticias

Os rapaces converterán tamén un tramo da Senda da auga nunha pinacoteca ao aire libre coa colocación dun total de 300 debuxos, pequenas obras de arte coas que participaron nun concurso organizado polas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela baixo o nome “A arte libre nun monte limpo”.

As comunidades de montes de Ventosela e Reboreda conxuntamente co alumnado do Colexio Santo Paio de Abaixo celebran este venres o Día da Arbore, e fano con dúas actividades diferentes, a un tempo que complementarias. Por unha banda, cunha plantación de carballos no lugar coñecido como Chan da Costa. Unha actividade organizada polo centro educativo, as comunidades de montes e a ANPA Bolboreta.
A continuación procederán a colocar trescentos debuxos nun tramo da Senda da Auga. Segundo explicou o director do Santo Paio de Abaixo, Javier Núñez “son debuxos realizados polos escolares e cos que participaron nun concurso das comunidades de montes que leva por título “A arte libre nun monte limpo”. Os tres primeiros en cada categoría serán ademais agasallados cun lote de libros.
Os rapaces, que se desprazarán ao monte ás 9:30 horas, participarán tamén durante a mañá de diferentes xogos tradicionais como a chave,  a corda ou o pano.
Unha xornada para gozar da natureza e para aprender fóra das aulas na que colabora o supermercado Froiz coa doazón de refrescos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará