Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música enche o Multiusos cos concertos de Gustavo Almeida e o grupo Jazzología

RR_Noticias

O cantautor de orixe brasileira Gustavo Almeida ofrece un concerto hoxe venres ás 21:00 horas con entrada de balde no que presentará o seu último disco “Desde el coche”. O sábado a programación musical continúa cun concerto do grupo Jazzología enmarcado dentro do ciclo da Rede de Músicas Soltas . Este proxecto musical está liderado polo contrabaixista José Manuel Díaz, cubano afincado en Redondela, que xunta a súa música de raíz cubana coa música galega.

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Cultura de Redondela, organiza hoxe venres ás 21,00 h un concerto do cantautor de orixe brasileira Gustavo Almeida, no Auditorio da Xunqueira. O concerto inclúe a presentación do seu último disco “Desde el coche”, produto de cinco anos de traballo de composición, e que é o seu terceiro produto discográfico, un disco versátil, libre, entretido, onde se mesturan diferentes estilos como Rock, Reggae, Funk, Pop, con letras que tratan temas íntimos e sociais, como a homosexualidade, o sexo, o amor, a convivencia e o nacemento dun fillo. O concerto é de entrada libre e gratuíta Concerto de Jazzología O sábado a cita será coa formación do contrabaixista cubano José Manuel Díaz Iglesias, un trío que xorde da necesidade do artista de ofrecerlle ao público a súa música, composicións orixinais baixo a linguaxe do jazz que harmonizan coas músicas populares cubana, brasileira, galega… e doutras culturas. Para o concerto que se celebra este sábado ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira contará coa colaboración especial de Felipe Villar (guitarra) e Jesús Pazos (batería), dous novos valores do jazz galego. O prezo das entradas é 4 € e pódense retirar dende hoxe no mesmo Multiusos da Xunqueira.  

Mauro Senín Rede de músicas soltas
Fálanos da actuación de Jazzología

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará